A TELEVISION GALEGA NON SE VE NO BIERZO.

O COLETIVO CULTURAL FALA CEIBE DO BIERZO

DENUNCIA QUE NO BIERZO NON VEMOS

A TELEVISIÓN PÚBLICA DE GALICIA.

 

O coletivo Fala Ceibe do Bierzo denuncia que a Televisión Pública de Galicia nos se ve desde fai semanas na rexión do Bierzo. Temos recibido numerosas queixas de televidentes de diferentes localidades en relación á falta de percepción do sinal dos canles da dita Televisión Pública veciña.

Desde o coletivo Fala Ceibe dirixímonos ás administraciois públicas de Castela e León e Galicia, a saber, Junta de Castela e León, Xunta de Galicia, Cortes de Castela e León, Parlamento de Galicia, Procurador dol Común e Valedor do Pobo para que interveñan na resolución desta problemática visual e lingüística. Porque para normalizar a presenza visual do idioma galego na rexión berciana resulta fundamental a súa difusión através da Televisión Püblica de Galicia.

Neste sentido, queremos lembrar á Xunta de Galicia que o seu ordenamento xurídico recoñoce o apoio lingüístico aos territorios exteriores. Así, a Lei de Normalización Lingüística de Galicia (1983) refírese a que o Gobierno Galego “fará uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de Autonomía a fin de protexe-la lingua galega falada nos territorios limítrofes coa Comunidad Autónoma” (art. 21.2). Pola outra banda, a Junta de Castela e León ten a obriga de cumprir co mandato fixado no Estatuto de Autonomía, “gozará de respeito e proteción a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice” (art. 5.3). Ámbalas dúas administraciois autonómicas deben colaborar para facilitar a percepción audiovisual do galego no Bierzo.

POR UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE JUNTA E XUNTA.

Velaí que agardamos que a Xunta de Galicia tome a iniciativa política para garantir que os bercianos poidamos ver de novo a Televisión Pública de Galicia. Neste sentido, aproveitamos esta ocasión para demandar de novo a sinatura dun convenio de colaboración entre a Junta de Castela e León e maila Xunta de Galicia para facilitar a recepción das canles das televisiois e das radios de Galicia na rexión do Bierzo, cos medios económicos e técnicos axeitados e abondos.

Lembramos que a Carta Europea de Linguas rexionais ou minoritarias, ratificado polo Reino de España en 2001, insta ás administraciois públicas a “adoptar as medidas axeitadas para que os medios de difusión programen emisiois nas linguas rexionais ou minoritarias” (art. 11, a, iii). Sen embargo, a TVCYL non emite nada na lingua galega para os ciudadaos galegofalantes de Sanabria e mailo Bierzo.

P0r iso para o mantemento do idioma galego no Bierzo resulta fundamental a recepción das canles de difusión da RTV Galega. A comunicación radiotelevisiva, en galego, entre os territorios veciños de Galicia, Eonavia, O Bierzo e maila Sanabria facilita a pervivencia da lingua minorizada común. Estes territorios sofren un aislamiento xeográfico e dependencias administrativas diferentes que dificultan as relaciois en galego. Velaí que as comunicaciois por radio, televisión e internet sexan imprescindibles para o mantemento da lingua galega que nos une culturalmente.

O Bierzo, decembro de 2019

www.obierzoceibe.blogspot.com